A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol comezou a traballar en 2017 no posicionamento deste territorio como destino de turismo activo. O seu potencial natural, unido as actividades deportivas de carácter nacional e internacional que se desenvolven no mesmo, foi o xerme dun plan estratéxico baixo o que se creou a marca “Activo 365”. Este plan ten como obxectivo principal promocionar o territorio como un lugar único e diferenciado para a realización de deportes e de actividades de turismo activo.
Na actualidade o xeodestino continúa a traballar no desenvolvemento e no afianzamento do deste tipo de turismo poñendo en marcha accións para a mellora da competitividade do mesmo.
A primeira liña de actuación é a captación de novas entidades para que se adhiran á marca “Activo 365”. O obxectivo é aumentar o número de empresas de turismo activo e de entidades que realicen eventos deportivos xeradores de atracción turística para que formen parte desta estratexia, creando máis e mellores sinerxías entre elas e potenciando accións de mellora da competitividade do territorio. As entidades adheridas formarán parte das accións de promoción online e offline programadas que van enfocadas á difusión das actividades de turismo activo que se realicen dentro do territorio. Ademais, vaise ofertar o asesoramento personalizado a todas elas en estratexias de promo-comercialización, xestión administrativa, liñas de financiación e organización sectorial.
O prazo de adhesión permanecerá aberto ata o 2 de novembro. Para darse de alta só é necesario acceder ao seguinte enlace bit.ly/adhesionactivo365 e cubrir un sinxelo cuestionario.
Todas as empresas de turismo activo e entidades que queiran adherirse a este proxecto deben estar instaladas nalgún dos concellos que forman parte do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Estes son: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.
A segunda liña de actuación para a mellora da competitividade turística do turismo activo no xeodestino Ferrolterra-Rías Altas é a creación de xornadas de traballo para as entidades integradas no proxecto, formuladas como sesións teórico-prácticas de formación, asesoramento e traballo conxunto. Os contidos destas mesas versarán sobre as tendencias de mercado no turismo activo, as oportunidades de financiamento público, o análise e a segmentación do mercado e as estratexias de mercadotecnia específicas para o turismo activo. Ademais, farase unha parte práctica cun diagnóstico individualizado sobre as estratexias de promo-comercialización.
As xornadas de traballo serán territoriais, realizándose unha en cada comarca para que as entidades podan escoller aquela localización que mellor se adecúe as súas necesidades:
Dado que o sector do surf atópase nun estado de maduración turística más avanzado que o resto de entidades que conforman a oferta de turismo activo do territorio, haberá ademais, unha xornada específica para as entidades de surf. Esta xornada celebrarase en Ferrol o 22 de novembro (Antiguo Hospicio Municipal).
O prazo de inscrición a estas xornadas rematará o 2 de novembro e pode facerse a través do seguinte enlace bit.ly/XornadasActivo365
“Activo 365” é a marca de promoción turística do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas. Este proxecto, xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e financiado pola Deputación da Coruña, busca o posicionamento do destino como lugar único para a realización de deportes e actividades de turismo activo. Xurde no ano 2017, coa creación dun plan estratéxico sobre turismo activo. Dentro do desenvolvemento desas accións créase unha web e unha guía coas entidades adheridas que se reparte por todo o territorio. No ano 2018 o xeodestino continúa a realizar accións para a mellora da competitividade turística no eido deste segmento de mercado, apostando por afianzar esta estratexia turística no territorio”.
Máis información:
692 72 74 53 (oficina técnica)
981 944 000 (Mancomunidade)
Comentarios