Inscrición as Xornadas Activo 365

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL INICIA UN PROCESO PARTICIPATIVO PARA A ADHESIÓN DE ENTIDADES AO PRODUTO “ACTIVO 365”

Activo 365 é a marca de promoción turística do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas. Este proxecto, xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e financiado pola Deputación da Coruña busca o posicionamento do destino como lugar único para a realización de deportes e actividades de turismo activo.

activo365.ferrolterra.gal

No abeiro deste proxecto recóllese a celebración de 1 mesa de traballo por comarca co obxectivo de impulsar a competitividade das empresas de turismo activo do territorio.

Para adherirte a calquera das xornadas deberás cubrir o formulario picando ou copiando e pegando o seguinte enlace no teu buscador habitual.

*Formulario: http://bit.ly/XornadasActivo365

  • Comarca de Ferrolterra: 6 de novembro en Valdoviño (Océano Surf Museo)
  • Comarca do Eume: 7 novembro na Capela (Casa da Cultura)
  • Comarca de Ortegal: 8 de novembro en Ortigueira (Casa da Cultura)

A partir destas mesas de traballo comezará un programa de asesoramento online do que se poderán beneficiar as empresas de Activo 365. Este asesoramento terá en conta os seguintes aspectos de cada unha das empresas que o soliciten:

  • Diagnose e asesoramento en estratexias de promo-comercialización.
  • Asesoramento en xestión administrativa das empresa de turismo activo e a súa adaptación do sector deportivo ao turístico.
  • Fontes de financiación públicas.
  • Organización sectorial.

A estas xornadas están convidadas a participar todas aquelas entidades de turismo activo que formen parte da marca Activo 365 así como os técnicos de deportes, turismo e ADL dos 21 concellos do xeodestino.

O programa de cada unha das xornadas será o seguinte:

16:00 – Recepción de participantes
16:30 – Presentación de Activo 365
17:00 – O turismo activo en Galicia: Características, tendencias e lexislación.
18:00 – Análise do mercado de turismo activo en Galicia.
18:30 – Procesos de creación de empresas de turismo activo: oportunidades de financiamento para a creación e diversificación das empresas.
19:00 – Estratexias de márketing e segmentación de mercados.
20:00 – Xornada práctica: diagnóstico individualizado de estratexias de promo-comercialización.

Máis información:
692 72 74 53 (oficina técnica)
981 944 000 (Mancomunidade)

Comentarios

Añadir un comentario

mood_bad
  • Aún no hay valoraciones de esta actividad.
  • chat
    Añadir un comentario
    keyboard_arrow_up