“Activo 365” é a marca de promoción turística do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas. Este proxecto, xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e financiado pola Deputación da Coruña, busca o posicionamento do destino como lugar único para a realización de deportes e actividades de turismo activo.
activo365.ferrolterra.gal
Poderán adherirse empresas de turismo activo e entidades que realicen eventos deportivos que xeren atracción turística.
As entidades adheridas son o eixo fundamental dun proxecto que pretende crear un destino diferenciado, de calidade e referente no eido do turismo activo. Para conseguir este obxectivo búscase que todas as entidades que leven a cabo este tipo de accións formen parte do proxecto, creando sinerxías entre elas e potenciando as accións de mellora da competitividade do territorio.
Todas as entidades formarán parte tanto das accións de promoción online e offline programadas que van enfocadas á difusión das actividades de turismo activo que se realicen dentro do territorio. Ademais, vaise ofertar o asesoramento personalizado a todas as entidades que formen parte de “Activo 365” en estratexias de promo-comercialización, xestión administrativa, liñas de financiación e organización sectorial.
Para adherirte ao programa deberás cubrir o formulario picando ou copiando e pegando o seguinte enlace no teu buscador habitual.
Formulario: bit.ly/adhesionactivo365
Máis información:
692 72 74 53 (oficina técnica)
981 944 000 (Mancomunidade)
Comentarios